viernes, 27 de octubre de 2017

CORRE CORRE, CABACIÑA NA MESA DE LUZ

   Hoxe os nenos e nenas de tres anos desfrutaron dunha xornada ben divertida.

   Xa que o Samaín se achega, estamos a traballar esta temática a través de diversas propostas, e entre elas o conto "Corre corre, cabaciña".

   Todos desfrutamos moitísimo coa lectura e actividades a partir deste fermoso conto: pintamos a nosa cabaciña, cantamos a canción e...  hoxe formamos a cabaza na mesa de luz!

   Esta proposta foi especialmente divertida e motivadora, ademais de traballar cos nenos e nenas as diferentes emocións en relación ao proxecto deste ano da biblioteca "Aprendendo a pensar a través das emocións": cabazas tristes, contentas, asustadas...  Pasámolo de marabilla!





martes, 24 de octubre de 2017

24 DE OUTUBRO, DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR.

    Para celebrar o día das bibliotecas escolares pasámolo de marabilla elaborando uns pisapapeis nos que os nenos e nenas pintaron á mascota da nosa biblioteca LIBRÍN sobre unha pedra, e que levaron felices ás súas casas.

   Deste xeito, recordamos ás familias que poden visitar a biblioteca do centro sempre que queiran, xa que é o lugar máis máxico do cole, onde deixar voar a imaxinación e no que desfrutar de tantas emocións e aventuras que agochan os contos!













   


domingo, 22 de octubre de 2017

MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 No mes das bibliotecas escolares as Equipas TIC e Biblioteca está a por en marcha un novo blog,  que esperamos sirva como unha fiestra para que a nosa comunidade educativa siga as actividades que se fan. O proxecto integral deste curso que parte da biblioteca  leva por titulo:

   " ENSINANDO A PENSAR A TRAVÉS  DAS EMOCIÓNS"

 Este mes  poñense en marcha unha morea de actividades:

- MOCHILAS VIAXEIRAS.
- A CAIXA MÁXICA DA LECTURA.
- CONTOS QUE VEÑEN E VAN.
- ESCOITAMOS COMO LES, recibindo ás familias que contan moito  e ben na biblioteca.
- FORMACIÓN DE USUARIOS COS ESCORNABOTS.
- CARNETS, CATALOGACIÓN, RECORDATORIO DA GUÍA DE USO,...
- GUÍA DE LECTURA DE CONTOS DE MEDO ( a emoción que estamos a traballar neste mes do Samaín).
- CELEBRACIÓN DO DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR.
- CELEBRACIÓN DO SAMAÍN.

viernes, 20 de octubre de 2017

Benvida desde o novo blog da biblioteca!

Queremos darvos a benvida a un novo curso desde o novo blog da biblioteca do centro.
Desde aquí iremos compartindo con todos vos as actividades e experiencias que realizaremos ao longo deste curso.
Esperemos que gostedes delas e que as vivades coa mesma ilusión ca nós!


PRETO DE TI

 O día 2 de abril celebramos  é unha das datas máis marabillosas do curso, e aquí está a nosa biblioteca PRETO DE TI para conmemorar o DÍA I...