miércoles, 24 de enero de 2018

GUÍA DE LECTURA DÍA DA PAZ

Xa que o día 30 de xaneiro celebraremos o Día da non Violencia Escolar e da PAZ, LIBRÍN recoméndavos algúns contos para fomentar nos vosos nenos e nenas actitudes de respecto polas diferencias individuais entendéndoas como unha riqueza para todos e todas, o valor da amizade ou a importancia de poñerse no lugar dos demais. Temos claro que o camiño para conseguir un mundo máis xusto é a educación en valores desde pequenos. Esperemos que desfrutedes moito destes contos tan fermosos!

lunes, 22 de enero de 2018

VIAXE AO REINO DAS EMOCIÓNS

    Este curso está cheo de novidades, e entre elas, a nosa participación no proxecto "Viaxe ao reino das emocións".

    A través desta viaxe, coñeceremos as emocións básicas aprendendo a recoñecelas en nós mesmos e nos demáis, tratando así de desenvolver as intelixencias intrapersoal e interpersoal.

    Consideramos a educación emocional na escola como o mellor camiño para educar en valores, tratando de espertar a empatía no alumnado, formando nenos e nenas capaces de cambiar as inxustizas, xa que, tal e como di César Bona "as portas das escolas deben estar abertas, non só para que os nenos entren, senón para que as súas ideas saian e transformen o mundo".

Comezamos a nosa viaxe!




miércoles, 17 de enero de 2018

ESCORNABOTS NA BIBLIOTECA ESCOLAR

Queremos darvos unha nova! 

Durante este curso, algúns membros do claustro de mestres estanse a formar no proxecto do PLAMBE "Escornabots na biblioteca escolar 2017/2018".

Os escornabots son uns robots que nos axudarán a traballar diversos contidos cos nenos e nenas dunha forma lúdica, motivadora e creativa, ademais de achegalos ao mundo da robótica.

Aquí vos deixamos unha mostra das primeiras sesións de formación nas que as mestras estivemos a montar estes "escornabots".

Próximamente comezaremos a experimentar cos rapaces e rapazas nas aulas, e poderedes compartir con nós esta aventura a través deste blog.

COMEZAMOS !!!!





viernes, 12 de enero de 2018

COMEZAMOS UN NOVO TRIMESTRE!

      O comezo do novo trimestre ven cargado de proxectos, novas e ilusións.

     Celebraremos o día da Paz, o Entroido, o día da Poesía, o día da muller traballadora e o día de Rosalía, e seguiremos a desenvolver e a investigar sobre o noso proxecto integral da biblioteca escolar "Aprendendo a pensar a través das emocións", así como sobre o proxecto de Voz Natura " Espertando ao maio".

     Ademais, a partir deste trimestre os nenos e nenas de tres anos e as súas familias poden comezar a facer uso da nosa biblioteca de LIBRÍN todos os lunes e mércores de 16:00 a 17:00, así como do sistema de empréstitos despois de realizar a formación de novos usuarios, e comezarán tamén a desfrutar das distintas actividades que se promoven desde o Equipo da Biblioteca Escolar, como a mochila viaxeira, entre outras.

    De seguro que será un trimestre cheo de novas aprendizaxes e experiencias que desexamos compartir con todos vós!

     Por agora, deixámosvos unha mostras dos nenos e nenas probando na mesa de luz o que lles deixaron no cole os Reis Magos, todo é desfrutar!



CÓMIC, ISO QUE É?

 Ler cómic dende a biblioteca de Librín ofrece moitas posibilidades, ler imaxes é unha constante en Infantil, por iso este día resulta espec...