viernes, 12 de enero de 2018

COMEZAMOS UN NOVO TRIMESTRE!

      O comezo do novo trimestre ven cargado de proxectos, novas e ilusións.

     Celebraremos o día da Paz, o Entroido, o día da Poesía, o día da muller traballadora e o día de Rosalía, e seguiremos a desenvolver e a investigar sobre o noso proxecto integral da biblioteca escolar "Aprendendo a pensar a través das emocións", así como sobre o proxecto de Voz Natura " Espertando ao maio".

     Ademais, a partir deste trimestre os nenos e nenas de tres anos e as súas familias poden comezar a facer uso da nosa biblioteca de LIBRÍN todos os lunes e mércores de 16:00 a 17:00, así como do sistema de empréstitos despois de realizar a formación de novos usuarios, e comezarán tamén a desfrutar das distintas actividades que se promoven desde o Equipo da Biblioteca Escolar, como a mochila viaxeira, entre outras.

    De seguro que será un trimestre cheo de novas aprendizaxes e experiencias que desexamos compartir con todos vós!

     Por agora, deixámosvos unha mostras dos nenos e nenas probando na mesa de luz o que lles deixaron no cole os Reis Magos, todo é desfrutar!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

LIBROS, COMIC, diversión asegurada.

 No DÍA DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR o noso centro encheuse de actividades:  -EXPOSICIÓN DOS COMICS DAS FAMILIAS, os que lian os nosos p...