jueves, 1 de marzo de 2018

DÍA DE ROSALÍA

Ola a tod@s!

   Como xa sabedes, o 24 de febreiro celebrouse o día de Rosalía de Castro. Con este motivo, durante toda a semana, estivemos a coñecer moitos datos da vida da escritora así como algúns dos seus poemas máis fermosos.

   A través do libro-CD  "Rosalía Pequeniña" da autora Uxía, decidimos traballar sobre tres poemas-canción: "Xan" os nenos e nenas de 3 anos, "Paseniño" os de 4 anos, e "Como chove miudiño" as nenas e nenos de 5 anos.

   Despois, plasmaron nun debuxo libre os versos de Rosalía. Desta actividade afloraron representacións moi curiosas e divertidas, xa que os nenos e nenas deixaron voar a súa imaxinación e creatividade.

   Ademais, tamén houbo composicións co retrato de Rosalía ao xeito de Andy Warhol, todos uns artistas!

   Aquí vos deixamos unha mostra do traballo realizado.




















No hay comentarios:

Publicar un comentario

PRETO DE TI

 O día 2 de abril celebramos  é unha das datas máis marabillosas do curso, e aquí está a nosa biblioteca PRETO DE TI para conmemorar o DÍA I...