lunes, 23 de abril de 2018

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Ola a tod@s!

Como xa sabedes, hoxe celebramos o Día do Libro acudindo ao teatro Pastor Díaz para a desfrutar da representación do conto "Iriña bailarina" (dispoñible na nosa biblioteca) da man da compañía Teatro dos Ghazafelhos. Foi divertidísima, rimos a carcaxadas e compartimos a experiencia cos nosos compañeiros e compañeiras do CEIP Pedrosa Latas e do CEP Lois Tobío.





















Ademáis, hoxe levaron para casa un marcapáxinas moi fermoso pola Igualdade, unha actividade dentro do Contrato-Programa "Iguais por dentro e por fóra"



E como tamén sabedes, o venres celebramos no cole o día da literatura infantil cunha obra teatro de monicreques. O conto que representamos foi "Érase dúas veces os tres porquiños", o clásico contado desde outra perspectiva, educando a prol da igualdade. Unha actividade incluída tamén dentro do Contrato-Programa Mellora da Convivencia e Promoción da Igualdade.
O conto está dispoñible na nosa biblioteca de Librín.

Os nenos e nenas e as mestras e mestre pasámolo de marabilla!!

"Un nen@ que le,é un nen@ que pensa"






No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXPOSICIÓN, CONTACONTOS, MARCAPÁXINAS DE COMIC E RECOMENDACIÓNS

 No DÍA NO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR o noso centro encheuse de actividades:  -EXPOSICIÓN DOS COMICS DAS FAMILIAS, os que lian os nosos p...