martes, 22 de mayo de 2018

LETRAS GALEGAS 2018

Ola a tod@s!

O 16 de maio celebramos no cole o Día das Letras Galegas, este ano adicado á escritora María Victoria Moreno, como xa sabedes.

Recibimos tamén a visita do gaiteiro David Bellas, un gran músico que nos falou dun dos instrumentos da nosa cultura, a gaita, e nos amosou diferentes tipos da mesma. Moitas gracias David pola túa visita, foi todo un regalo para celebrar este día!

Ademais, os nenos e nenas do cole elaboraron debuxos dos distintos poemas do libro "E haberá tirón de orellas?", en homenaxe á escritora.

Quedaron moi fermosos!!!









No hay comentarios:

Publicar un comentario

LIBROS, COMIC, diversión asegurada.

 No DÍA DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR o noso centro encheuse de actividades:  -EXPOSICIÓN DOS COMICS DAS FAMILIAS, os que lian os nosos p...